InicioPolíticaMondoñedo e Riotorto consolidan os gobernos do PP de Elena Candia e...

Mondoñedo e Riotorto consolidan os gobernos do PP de Elena Candia e Clemente Iglesias

Os populares amplían a súa maioría nos dous concellos, onde o BNG reduce a súa representación

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular reforzou as súas maiorías absolutas en Mondoñedo e Riotorto, dous concellos que recuperou en 2015.

En Mondoñedo, a candidatura de Elena Candia logrou oito actas, dúas máis que nos pasados comicios. Os populares obtiveron 1.440 votos, o respaldo do 61,7 por cento do electorado.

O PSdeG, liderado por Esperanza González, mantén os dous edís da pasada lexislatura, con 429 votos, mentres que o BNG de Eloi Cabanas reduciu a súa representación ao quedar cunha acta fronte as tres logradas en 2015. Os nacionalistas sumaron 356 apoios. En Marea, que concurriu por primeira vez ás municipais con Chus Amieiro como cabeza de listaxe, logrou 87 votos, insuficientes para entrar na corporación municipal.

RIOTORTO

En Riotorto, o popular Clemente Iglesias, que accedeu á alcaldía na pasada lexislatura con cinco edís, tamén ampliou o seu apoio electoral. O PP renovará mandato con seis concelleiros tras obter 658 votos, o 65,8 por cento dos emitidos.

O PSdG, liderado de novo por José García Freije, logrou dúas actas ao sumar 194 votos. Os socialistas recuperan a representación na corporación municipal despois de que, na pasada lexislatura, a concelleira electa pasase ao grupo non adscrito. O BNG reduciu os seus apoios a 138 votos polo que queda cun só edil. Será Luis Fernández.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...